Aviso legal (gal)

FUNDACIÓN ALBOAN, en cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal (Regulamento europeo 2016/679 e demais normativas de desenvolvemento), así como da regulación existente en materia de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (Lei 34/2002, do 11 de xullo), pon no seu coñecemento as presentes condicións xerais de uso que se aplican a todas as operacións realizadas a través da web: www.4punto7.org

1. Datos legais

FUNDACIÓN ALBOAN, con domicilio social en Padre Lojendio, 2, 2.ª 48008 Bilbao e NIF G48-811376, inscrita no Rexistro de Fundacións do País Vasco co número F-23.

Tel.: 944151135

Correo electrónico: coordinacion@4punto7.org

2. Propiedade intelectual

Os dereitos de propiedade intelectual da web, así como dos seus distintos contidos, son titularidade da FUNDACIÓN ALBOAN.

Queda terminantemente prohibido realizar calquera alteración desta páxina. FUNDACIÓN ALBOAN non asume ningunha responsabilidade que poida resultar de manipulacións ou alteracións non autorizadas. FUNDACIÓN ALBOAN non concede ningunha licenza nin autorización de uso de ningún tipo sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa web, os servizos ou os contidos.

Queda prohibida a reprodución total ou parcial dos contidos desta web sen citar a súa orixe ou sen solicitar autorización expresa para iso. A utilización non autorizada da información contida nesta web, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial de FUNDACIÓN ALBOAN, dará lugar ao exercicio das accións que correspondan e, de ser o caso, ás responsabilidades que de dito exercicio se deriven.

3. Condicións de utilización

Esta web foi creada por FUNDACIÓN ALBOAN, con carácter informativo para o seu persoal e gratuíto.

a) Utilización lícita

A persoa usuaria desta páxina web e dos seus servizos obrígase a realizar un uso conforme coas leis e cos usos do tráfico, e absterase de utilizar a web e os seus servizos con fins ou efectos ilícitos ou que sexan lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que, de calquera forma, poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar a web e os servizos ou impedir a normal utilización ou goce da web e dos servizos por parte dos usuarios. Quen incumprir a devandita obriga responderá fronte a FUNDACIÓN ALBOAN e fronte a terceiros de calquera dano e prexuízo que puidesen causar como consecuencia do incumprimento de dita obriga.

b) Garantía de erros

FUNDACIÓN ALBOAN non garante a inexistencia de erros no acceso á web, ou no seu contido; no caso de que se citen ou reproduzan publicacións de carácter oficial, dita reprodución terá carácter meramente informativo e deberá considerarse, para todos os efectos, válida a publicación no seu boletín ou fonte oficial correspondente.

c) Dispoñibilidade do servizo

FUNDACIÓN ALBOAN reserva a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida na súa web ou na súa configuración ou presentación.

FUNDACIÓN ALBOAN non garante a dispoñibilidade nin a continuidade do funcionamento da web e dos seus servizos. Cando for razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento da web e dos servizos.

FUNDACIÓN ALBOAN exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da web e dos servizos, á defraudación da utilidade que os usuarios puidesen atribuír á web e aos servizos, á falibilidade da web e dos servizos, e, en particular, aínda que de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas web ou a aquelas desde as que se prestan os servizos.

4. Responsabilidade polo uso da información contida

A persoa usuaria é consciente e acepta voluntariamente que o uso da web, dos servizos e dos contidos ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade. Quer o acceso á web, quer o uso que poida facerse da información contida nela son da exclusiva responsabilidade de quen o realizar. FUNDACIÓN ALBOAN non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidese derivar de dito acceso ou uso de información nin da aplicación que deles se realice para apoiar calquera opinión ou decisión persoal ou empresarial. FUNDACIÓN ALBOAN non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos das ligazóns de terceiros ás cales se fai referencia na web.

 

POLÍTICA XERAL DE PRIVACIDADE

5. Protección de datos de carácter persoal

FUNDACIÓN ALBOAN respecta a privacidade das persoas usuarias e o segredo e seguridade dos datos persoais, de conformidade co establecido na lexislación aplicable en materia de protección de datos, en concreto, o Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, e a súa normativa de desenvolvemento, e adoptou, para iso, as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos e os riscos aos cales están expostos.

Nos supostos nos cales para acceder a algún dos servizos ofrecidos nesta web for preciso achegar datos de carácter persoal, o tratamento destes datos basearase no consentimento da persoa interesada, a través da aceptación deste aviso legal e política de privacidade.

Os datos persoais só se tratarán coa finalidade de lle prestar o servizo solicitado, e non serán, en ningún caso, cedidos a terceiros, agás por obriga legal.

Os devanditos datos persoais conservaranse durante o tempo que dure a relación que vincule a persoa usuaria con FUNDACIÓN ALBOAN e en calquera caso nos prazos establecidos para cumprir coas obrigas legais derivadas de dita relación.

A política de privacidade de FUNDACIÓN ALBOAN garante á persoa usuaria en todo caso a posibilidade de exercer os seus dereitos: o acceso aos datos persoais relativos á persoa interesada, e a súa rectificación ou supresión, ou a limitación do seu tratamento, o dereito á portabilidade dos datos, ou a oporse ao tratamento, e poden exercer ditos dereitos por correo ordinario dirixido a FUNDACIÓN ALBOAN, Padre Lojendio, 2, 2.ª 48008 Bilbao, por correo electrónico: coordinacion@4punto7.org ou ben perante a Axencia Española de Protección de Datos.

No caso de que nos facilite os seus datos persoais, ao aceptar este aviso legal e política de privacidade, a persoa usuaria está a prestar o consentimento para que estes se utilicen segundo os termos aquí establecidos.

6. Lei aplicable e xurisdición

A utilización desta páxina web réxese pola lei española e da Unión Europea. Calquera disputa que poida xurdir na interpretación destas condicións resolverase nos tribunais do lugar onde tiver fixada a súa residencia a persoa usuaria.

 

POLÍTICA DE COOKIES

7. Política de cookies

Unha cookie é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no seu navegador cando visita case calquera páxina web. A súa utilidade é que a web dea recordado a súa visita cando volver navegar por esa páxina. As cookies acostuman almacenar información de carácter técnico, preferencias persoais, personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns ás redes sociais, acceso ás contas de usuario, etc. O obxectivo da cookie consiste en adaptar o contido da web ao seu perfil e necesidades; sen cookies os servizos ofrecidos por calquera páxina veríanse notablemente minguados.

Cookies utilizadas neste sitio web

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos, detallamos o uso de cookies que esta web fai, co fin de informalo coa máxima exactitude posible.

Esta web utiliza cookies temporais de sesión e cookies permanentes. As cookies de sesión almacenan datos unicamente en canto o usuario accede á web, e as permanentes almacenan os datos no terminal para que estean dispoñibles en máis dunha sesión. Segundo a finalidade dos datos obtidos a través das cookies, a web pode utilizar cookies propias:

Cookies técnicas: Permiten ao usuario navegar na páxina web ou aplicación e utilizar as súas diferentes opcións ou servizos. Por exemplo, permiten controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder ás zonas de acceso restrinxido, recordar os elementos dun pedido, realizar unha solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade ou almacenar contidos para a difusión de arquivos de vídeo ou son.

Cookies de personalización: Permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas no seu terminal ou definidas polo propio usuario. Entre elas, encóntranse o idioma, o tipo de navegador, o deseño de contidos, a xeolocalización do terminal ou a configuración rexional desde a que se accede.

Cookies publicitarias: Permiten a xestión eficaz dos espazos publicitarios incluídos na web ou aplicación, e adecúan o seu contido para que sexa relevante para o usuario e para evitar a repetición de anuncios que este xa vise.

Cookies de análise estatística: Permiten realizar o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. A información recollida úsase na medición da actividade dos sitios web, aplicacións ou plataformas, e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios, co fin de introducir melloras no servizo en función dos datos recollidos.

Cookies de terceiros: Permiten xestionar e mellorar os servizos ofrecidos. Entre outros exemplos, está o servizo estatístico de Google Analytics.

Cookies de redes sociais

Esta web non administra as redes sociais ou plataformas de terceiros como Facebook, Instagram, Twitter ou Youtube, entre outras, onde FUNDACIÓN ALBOAN ten presenza, polo que tampouco é responsable das cookies que instalan as devanditas plataformas.

En calidade de usuario da nosa plataforma en liña, está obrigado a consultar as políticas de privacidade e cookies de ditas redes para estar ao corrente do tipo e finalidades, e decidir aceptalas ou rexeitalas.

Cookies utilizadas por Facebook: https://www.facebook.com/help/cookies/

Cookies utilizadas por Instagram: https://www.instagram.com/legal/cookies/

Cookies utilizadas por Twitter: https://help.twitter.com/es/rules-and-policies/twitter-cookies

Cookies utilizadas por Youtube: https://policies.google.com/technologies/cookies?hl=es-419

Cookies utilizadas por Google+: https://policies.google.com/technologies/cookies?hl=es

Cookies utilizadas por LinkedIn: https://www.linkedin.com/legal/cookie-policy

Para información máis detallada sobre as cookies utilizadas nesta web, pode consultar este informe (pdf).

8. Google Analytics

Google Analytics é unha ferramenta gratuíta de análise web de Google que principalmente permite aos propietarios de sitios web coñeceren como interactúan os usuarios co seu sitio web. Así mesmo, habilita cookies no dominio do sitio no cal te atopas e utiliza un conxunto de cookies denominadas «__utma» e «__utmz» para recompilar información de forma anónima e elaborar relatorios de tendencias de sitios web sen identificar os usuarios individuais.

Como utiliza FUNDACIÓN ALBOAN Google Analytics?

Este sitio web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha empresa de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, nos Estados Unidos de América («Google»).

Google Analytics utiliza «cookies», que son ficheiros de texto localizados no seu computador, para axudar ao sitio web a analizar o uso que os fan do sitio web. A información que xera a «cookie» acerca do seu uso do sitio web (incluído o seu enderezo IP) transmitirase directamente e arquivarase, por parte de Google, nos servidores dos Estados Unidos. Google usará esta información pola súa conta co propósito de seguir a pista do seu uso do sitio web, recompilando relatorios da actividade do sitio web e prestando outros servizos relacionados coa actividade do sitio web e o uso de Internet. Google poderá transmitir dita información a terceiros cando así o requirir a lexislación, ou cando ditos terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o seu enderezo IP con ningún outro dato do cal Google dispoña. Vostede pode rexeitar o tratamento dos datos ou a información recusando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do seu navegador. No entanto, ha de saber que se así o fixer pode que non poida usar as plenas función do sitio web.

Ao utilizar esta web vde. consente o tratamento de información acerca da súa navegación polo sitio web, por parte de Google, na forma e para os fins antes indicados.

Este sitio web puxo en funcionamento e pode utilizar publicidade de display.

Este sitio web usa a función de «remarketing» con Google Analytics para publicar anuncios en liña, polo que outros fornecedores, incluído Google, poderá mostrar publicidade de FUNDACIÓN ALBOAN en sitios de Internet. Para tal fin FUNDACIÓN ALBOAN e outros fornecedores, incluído Google, usan as cookies de orixe (como a cookie de Google Analytics) e as cookies de terceiros (DoubleClick) combinadas para informar, optimizar e publicar anuncios con base nas visitas anteriores a este sitio web.

Vostede pode inhabilitar Google Analytics para publicidade de display e personalizar os anuncios da Rede de Display de Google mediante o administrador de preferencias de anuncios: https://www.google.com/settings/ads ou utilizar o complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics:

https://tools.google.com/dlpage/gaoptout/

9. Envío de comunicacións

A subscrición aos nosos boletíns electrónicos ou comunicacións por SMS, correo electrónico ou mediante calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente é totalmente gratuíta e conta sempre coa autorización previa do/a usuario/a.

En cumprimento do disposto na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, os/as usuarios/as poderán revogar o consentimento prestado á recepción destas comunicacións en calquera momento a través dunha ligazón incluída na propia comunicación ou comunicándoo mediante correo electrónico a coordinacion@4punto7.org

10. Como desactivar as cookies desde o seu navegador

Vostede pode permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do seu navegador de Internet. No caso en que as quixer bloquear, é posible que certos servizos que necesitan o seu uso non estean dispoñibles.

A seguir, ofrecémoslle ligazóns onde encontrará información sobre como pode activar as súas preferencias nos principais navegadores:

Cookies Firefox:

https://support.mozilla.org/es/kb/cookies-informacion-que-los-sitios-web…

Cookies Chrome:

https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=es

Cookies IExplorer:

http://windows.microsoft.com/es-xl/internet-explorer/delete-manage-cookies

Cookies Safari:

http://support.apple.com/kb/ph5042

Cookies Opera:

http://help.opera.com/Linux/10.60/es-ES/cookies.html

11. Notas adicionais

  • Nin esta web nin os seus representantes legais se fan responsables nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que puidesen ter os terceiros mencionados nesta política de cookies.
  • Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e desde este lugar debe exercer o seu dereito a eliminalas ou desactivalas. Nin esta web nin os representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.
  • Nalgúns casos cómpre instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non as aceptar.
  • No caso das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores localizados nos Estados Unidos e comprométese a non compartila con terceiros, agás nos casos en que for necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigar a iso. Segundo Google, non garda o seu enderezo IP. Google Inc. é unha empresa adherida ao Acordo de porto seguro, que garante que todos os datos transferidos se tratarán cun nivel de protección acorde á normativa europea. Se desexar información sobre o uso que Google dá ás cookies anexámoslle esta ligazón.
  • Para calquera dúbida ou consulta acerca desta política de cookies non dubide en comunicarse connosco a través da sección de contacto.