Informe ETCG

O informe A Educación Transformadora para a Cidadanía Global (ETCG) no sistema educativo español é unha ferramenta a través da que queremos contribuír ao diálogo entre os diferentes axentes con responsabilidades no ámbito educativo, tanto a nivel estatal como autonómico, para incluír o devandito enfoque -o da ETCG- no sistema educativo formal.

Con esta publicación pretendemos, por tanto, responder a tres preguntas clave:

1/ Cal é o grao de desenvolvemento da ETCG no sistema educativo español?

2/ Facilitan as Administracións públicas educativas as condicións necesarias para o desenvolvemento dos principios da ETCG e a abordaxe dos grandes retos globais a través do sistema educativo?

3/ Cales son os desafíos aos que se enfronta a ETCG para ser recoñecida e xeneralizada nos niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria?

O informe analiza tres elementos clave dentro do sistema educativo formal:

Recomendacións

En base á investigación realizada, este informe recolle unha batería de conclusións e recomendacións que facilitarían a inclusión da ETCG na educación inicial e permanente do profesorado, así como no ámbito escolar.

Recomendacións para os centros educativos:

1/ Incorporar a ETCG nos procesos de xestión e programación dos centros educativos.

2/ Favorecer o desenvolvemento das competencias docentes orientadas á incorporación da ETCG.

3/ Aproveitar as oportunidades existentes en torno ao deseño do currículo e á súa implementación para a incorporación da ETCG.

4/ Potenciar o vínculo entre entidades sociais e centros educativos, así como a articulación con outros axentes.

Recomendacións sobre a formación permanente do profesorado:

5/ Profundar nos enfoques e as competencias craves da ETCG nos procesos de profesionalización docente.

6/ Favorecer a incorporación da ETCG na implementación da política educativa e na xestión dos procesos.

Recomendacións sobre a formación inicial do profesorado:

7/ Incorporar de maneira explícita a ETCG nos plans de estudo e nas programacións.

8/ Promover a utilización de enfoques e metodoloxías que favorezan a incorporación da ETCG.

9/ Promover os vínculos entre as universidades e as ONGD para fortalecer a ETCG a través da práctica.

10/ Promover a formación continua do profesorado universitario e o intercambio de experiencias relacionadas coa ETCG.

A educación transformadora para a cidadanía global no sistema educativo español

Descarga a análise por comunidades autónomas

Fichas por CCAA

Esta publicación baséase nos resultados obtidos dunha investigación conducida pola Universidade de Santiago de Compostela no marco do convenio AECID 18-CO1-001208 “Por unha Educación Transformadora e para a Ciudadanía Global comprometida co cumprimento dos ODS” e coordinada pola investigadora Silvana Longueira Matos.

Promovido por:
Con financiamento de: