Formación inicial do profesorado

Análise       Conclusións       Recomendacións       Metodoloxía

Análise

A Universidade ten a responsabilidade de formar a profesionais da educación capaces de dar resposta aos retos sociais actuais. Neste sentido, o enfoque da ETCG, ofrece un marco de saberes, competencias e actitudes necesarias para construír sociedades máis xustas, nas que as persoas teñan as destrezas e capacidades para ser cidadás conscientes, activas, mobilizadas polo desenvolvemento sostible, a xustiza social e o cumprimento dos Dereitos Humanos. Para valorar o papel da formación universitaria neste asunto débese responder ás seguintes preguntas:

De que maneira están incluídos os enfoques da ETCG no currículo de formación inicial do profesorado?

Contémplanse materias ou experiencias formativas complementarias orientadas a desenvolver saberes, competencias e actitudes vinculadas os enfoques da ETCG?

Que ‘peso’ ten esta formación no currículo? Que contidos e metodoloxías son destacables?

Que outro tipo de experiencias promovidas pola universidade complementan a formación inicial do profesorado no ámbito da ETCG?

Conclusións

O informe recolle unha serie de conclusións sobre a formación inicial do profesorado entre as que destacan as seguintes:

Os plans de estudo analizados teñen o potencial de desenvolver saberes, competencias e actitudes propios da ETCG.

A sensibilización do profesorado é clave para aproveitar todo ese potencial.

Existen experiencias exitosas que demostran que é posible inserir contidos relacionados coa ETCG na formación inicial do profesorado.

O papel dos equipos de coordinación e decanatos é clave para impulsar a ETCG na formación inicial do profesorado.

As unidades de cooperación teñen un gran potencial para impulsar a ETCG ao ser elos intermedios entre as aulas, as organizacións sociais e a comunidade.

Recomendacións

O impulso da ETCG desde a formación inicial do profesorado será máis efectivo @teniendo en cuenta as seguintes recomendacións:

7.- Incorporar de maneira explícita a ETCG nos plans de estudo e nas programacións

Desenvolver a ETCG de forma efectiva nas materias de formación inicial de profesorado con potencial para iso.

Incorporar nos programas de cada materia a dimensión local- global.

Profundar en procesos que integren ao alumnado universitario na intervención educativa e que favorezan procesos e ferramentas de análise crítica.

8.- Promover a utilización de enfoques e metodoloxías que favorezan a incorporación da ETCG

Promover o uso de metodoloxías que axuden a romper os compartimentos estancos que en gran medida son responsables do illamento e da rixidez dos procesos educativos.

Utilizar metodoloxías experienciales, como a Aprendizaxe baseada en Proxectos e, especialmente, o Aprendizaxe Servizo.

Profundar en procesos que integren ao alumnado na intervención educativa e que favorezan procesos e ferramentas de análise crítica.

9.- Promover os vínculos entre as universidades e as ONGD para fortalecer a ETCG a través da práctica

Conectar a formación inicial do profesorado con experiencias educativas para a transformación social a través da relación entre universidade e entidades sociais.

Abrir as facultades á comunidade para impulsar procesos decididos e sistemáticos na inserción da ETCG.

Triangular propostas entre as facultades, as ONGD, centros educativos e comunidade local nos másteres de secundaria.

10.- Promover a formación continua do profesorado universitario e o intercambio de experiencias relacionadas coa ETCG

Promover a formación do profesorado universitario en ETCG para que poida capacitar ao seu alumnado nas competencias imprescindibles para contar cunha cidadanía consciente, activa e mobilizada.

Promover entre o profesorado universitario de educación o coñecemento de experiencias e iniciativas noutras universidades que incorporaron a ETCG.

Fomentar a participación de entidades sociais especializadas en ETCG na formación do profesorado universitario.

Fomentar a formación e actualización do profesorado universitario en metodoloxías transformadoras.

Promover as actividades das Unidades de Cooperación no interior das súas propias Universidades.

Metodoloxía

Para o estudo sobre a formación inicial do profesorado analizáronse os plans de estudo de 11 universidades españolas de 9 comunidades autónomas, das cales 9 son públicas e 2 privadas. De maneira complementaria, realizáronse 14 entrevistas nunha mostra de profesorado pertencente a 10 universidades de 8 comunidades autónomas e a 9 persoas pertencentes aos equipos das unidades de cooperación de 7 universidades.

0
persoas
0
entrevistas
0
centros
0
CCAA
Promovido por:
Con financiamento de: