Formación permanente do profesorado

Análise       Conclusións       Recomendacións       Metodoloxía

Análise

A presenza da ETCG na formación permanente do profesorado dá unha idea dos esforzos realizados nesta materia polas administracións públicas con competencias educativas. Esta relevancia pode analizarse a través das seguintes preguntas:

Está incluída a ETCG nas propostas de formación docente deseñadas desde as administracións educativas autonómicas?

Hai temáticas ou metodoloxías relacionadas coa ETCG incluídas nestas propostas de formación docente?

Que características (duración, formato, metodoloxía) teñen as propostas de formación docente sobre ETCG deseñadas ou promovidas desde os devanditos ámbitos?

Existen experiencias de coordinación entre diferentes axentes (departamentos das administracións públicas, organizacións sociais, etc) para o deseño de propostas de formación docente sobre ETCG?

Existen propostas de formación docente sobre ETCG promovidas polas administracións educativas autonómicas que polas súas características poidan ser referentes para a posta en marcha doutras propostas similares?

Conclusións

En base ás preguntas anteriores, o informe conclúe que:

Apenas existen propostas explícitas e integrais de formación e profundización en materia de ETCG.

Os diferentes enfoques da ETCG non están incorporados con claridade en formacións que abordan temáticas ou metodoloxías próximas á mesma.

Existen centros que deciden deixar procesos de innovación por non poder facer fronte aos procesos administrativos que implican.

É difícil atopar propostas que traballen elementos relacionados coas motivacións e a dimensión vocacional do profesorado, así como coa dimensión política da educación.

Na maioría dos casos, os centros de formación do profesorado non contan con asesorías especializadas en ETCG.

Os actores especializados en ETCG (como as ONGD) non contan co amparo institucional que lles permita desenvolver procesos formativos nas condicións máis adecuadas.

Recomendacións

Para a mellora da formación permanente do profesorado en materia de ETCG proponse:

5.- Profundar nos enfoques e as competencias craves da ETCG nos procesos de profesionalización docente

Incorporar como prioritaria unha liña de formación específica en ETCG dentro dos programas anuais de propostas de formación docente.

Vincular a ETCG coa práctica docente, o apoio de procesos de planificación e o desenvolvemento por competencias no profesorado e alumnado.

Deseñar propostas formativas atendendo aos diferentes niveis de experiencia e de coñecemento do profesorado sobre a ETCG.

Promover e apoiar espazos e procesos onde centros e profesorado poidan compartir experiencias e ferramentas vinculadas coa ETCG.

Promover a formación específica en ETCG nos diferentes perfís da administración pública.

Promover alianzas entre os centros de formación do profesorado e o resto de axentes da comunidade educativa.

Aproveitar os grandes eventos globais (pandemia, invasión de Ucraína,…) para a sensibilización e formación do profesorado.

6.- Favorecer a incorporación da ETCG na implementación da política educativa e na xestión dos procesos

Promover procesos de innovación educativa de mediano prazo que faciliten a incorporación da ETCG.

Integrar os distintos procesos de innovación e fortalecemento de capacidades promovidos dentro do espazo escolar por diferentes axentes.

Reforzar os procesos de formación permanente dirixidos ao profesorado e aos equipos directivos.

Orientar unha liña de traballo específica cara á relación da ETCG co desenvolvemento curricular da LOMLOE.

Metodoloxía

Nesta parte da investigación revisouse a documentación dispoñible dos servizos de formación de 9 comunidades autónomas e realizáronse 7 entrevistas, cinco a servizos de educación, unha ao servizo de Cooperación Internacional da Junta de Castilla y León e unha máis á Subdirección Xeral de Cooperación Territorial e Innovación Educativa (SGCTIE) do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Nas entrevistas participaron un total de 15 persoas.

0
persoas
0
entrevistas
0
CCAA
Promovido por:
Con financiamento de: